28/11/17

Obradoiro de cociña: Biscoito de castaña

En 3º tiveron outro obradoiro de cociña. Esta vez veu unha tía de Gabriel, Mucha, a ensinarlles a preparar un biscoito de castaña. Saíu de maravilla e algún xa o fixo na súa casa.
 Estaba boísimo!!!!
 Grazas Mucha!!!!

Visita das mariscadoras de Moaña

Hoxe, 3º e 4º, tiveron unha clase moi especial. Dúas mariscadoras de Moaña ( Dolores e Tere ) viñeron  falarlles sobre o seu traballo: o marisqueo a pé.
O alumnado pasouno moi ben e recolleu moita información para o proxecto da biblioteca deste curso.


22/11/17

Día da Ciencia 2017

Este ano o Día da Ciencia en Galicia está dedicado ao botánico e meteorólogo Baltasar Merino. O alumnado de 4º de primaria preparou esta presentación de diapositivas. Esperamos que vos gusten.

19/11/17

DÍA DA CIENCIA


Este venres, día 17 de novembro, celebramos no colexio o Día da Ciencia. Os nenos e nenas de 4º de Primaria prepararon uns experimentos científicos moi interesantes e invitaron a todos os compañeiros e compañeiras á presentación.










15/11/17

Celebramos o Día da Ciencia 2017

Este venres, día 17, celebramos no colexio o Día da Ciencia.
Os nenos e nenas de 4º de primaria elaboraron estes carteis fermosísimos para anunciarnos os experimentos que nos teñen preparados.








09/11/17

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Onte, celebramos no cole o magosto. Practicamos diferentes xogos populares e tradiconais, comemos as castañas e tamén tivemos tempo de pintarnos as caras...
Desde o cole, queremos dar as grazas aos pais e nais que colaboraron asando as castañas!
Tamén queremos dar os parabéns ao alumnado de 6º curso pola súa axuda ao resto do alumnado do centro no desenvolvemento das distintas actividades.

 

06/11/17

3º e 4º plantan na horta


3º e 4º inauguraron a horta este curso. Plantaron porros e repolos.
Aquí vos deixamos o vídeo montado por Iván e Iago.

05/11/17

Carteis anunciando o Magosto

Chega o Magosto ao Colexio de Quintela!!
Os nenos e nenas de 6º de Primaria queren anunciarnos esta celebración con estes fermosos carteis.






03/11/17

Samaín 2017

Un ano máis os nosos corredores quedaron espectaculares coas cabazas aportadas polas familias do alumnado. Queremos amosar o noso agradecemento pola súa participación. Aquí vos deixamos unha pequena mostra:

31/10/17

Entrevistamos a Delio Fernández

Hoxe os nenos e nenas de quinto curso entrevistamos ao ciclista Delio Fernández. Levábamos varios días preparando a entrevista, e tiñamos moita ilusión. Encantounos velo chegar na bicicleta, recibímolo cun gran aplauso. Os nosos compañeiros de sexto curso quixeron estar presentes, tiñan moitas gañas de coñecelo!
Esperamos volver a velo pronto polo cole!

Para facer un comentario

  • Pulsa co cursor enriba de comentarios
  • Elixe de identidade "Nombre"
  • Pulsa en "Publicar comentarios"
  • Pon o teu nome
  • Escribe o teu comentario no recadro
  • Sairá publicado máis tarde, cando nos chegue